Blogia
O Gordo Txon

Cediño LAMATUMBÁ moi pretiño... ¿Imos aló?

Cediño LAMATUMBÁ  moi pretiño... ¿Imos aló? Ola meus

O pedazo grupo ourensán LAMATUMBÁ vai tocar pretiño de Vigo... ¿Non vos fai ir velos?

Lamatumbá preséntase coma un "grupo galego con sabor a mundo"... A verdade é que a definición é perfecta, pero queda curta. Esquenceron dicir que ten un directo íncrible, que os concertos son pura xoldra e enerxía positiva, que vas velos e xa es un "lamatumbeiro" de toda a vida... Moi impresionante... Dígovolo eu por experiencia, que sen coñecelos fun ó concerto do 30 de Abril na Praza Maior de Ourense e practicamente non escoito outra cousa. Bo directo, bo rollo, excelentes músicos, raigame popular,... Moi impresionante... ¡¡¡ LUMEEEEEEEEE !!!

Lamatumbá ten a axenda repleta para este verán (lóxico). Perto de Vigo pasarán o domingo 4 de Xullo, que tocan ás 22h en Marín... Se non vas a este concerto consulta na súa páxina pero, en principio terías doado ir a Mos, o 28 de Agosto...

Ó Gon e ó Gordo Txon molaríalle montar unha megarromaría con cea, concerto con licor café e cremada de cidade a base de festa rachada... Ponte en contacto connosco... ¡¡¡ LICOOOOOOR CAAAFÉÉÉÉEÉÉÉÉ !!!

3 comentarios

millan -

non vos creades nada do que di txitxon.teño que decirlle que neste mes que vai a comezar (digamos como en Ribeira:ajosto), temos varias citas con este maravillosos grupo (Maceda, Monforte, MOS,...), todos moi próximos a súa casiña. asi que, menos piropear, e mais licor-café (ó licor convido eu...). Verbenaaaaaaaa

Toño Lamatumbá -

Ola Txon, somentes catro liñas para agradecerche as túas gañas de pasalo ben e disfrutar da vida que ó fin e ó cabo é do que se trata, e que ademais é o que nos leva a nós a facer o indio en calquera sitio que nos deixen. Tamen che escribo para desmentir eses rumores de separación, que sinceiramente non sei de onde sairon, porque agora estamos máis lanzados e animados ca nunca, facendo temas novos e preparandonos para gravar un disco en Outono. Asi que ainda nos quedan moitos botes que dar. É unha pena que se suspendera o concerto de Marín, pero se te achegas a algun dos que temos cerca da tua casa non duvides en vir a falar con nós, que seguro que botamos unhas risas e ao millor un par de grolos de licor café á gorxa. Unha aperta moi forte e moito LUME!!

Luis Iglesias Zuazua#8(Lagoas) -

Ese txitxon!!! La matumba e un grupazo. Aviso d q ai rumores de separacion do grupo. Non vos fiedes moito pero por se acaso ai q aprovechalos mentres estean xuntos. Asi q LUME!!!!!!;)