Blogia
O Gordo Txon

Avisiños para Seres Queridos

Cediño LAMATUMBÁ moi pretiño... ¿Imos aló?

Cediño LAMATUMBÁ  moi pretiño... ¿Imos aló? Ola meus

O pedazo grupo ourensán LAMATUMBÁ vai tocar pretiño de Vigo... ¿Non vos fai ir velos?

Lamatumbá preséntase coma un "grupo galego con sabor a mundo"... A verdade é que a definición é perfecta, pero queda curta. Esquenceron dicir que ten un directo íncrible, que os concertos son pura xoldra e enerxía positiva, que vas velos e xa es un "lamatumbeiro" de toda a vida... Moi impresionante... Dígovolo eu por experiencia, que sen coñecelos fun ó concerto do 30 de Abril na Praza Maior de Ourense e practicamente non escoito outra cousa. Bo directo, bo rollo, excelentes músicos, raigame popular,... Moi impresionante... ¡¡¡ LUMEEEEEEEEE !!!

Lamatumbá ten a axenda repleta para este verán (lóxico). Perto de Vigo pasarán o domingo 4 de Xullo, que tocan ás 22h en Marín... Se non vas a este concerto consulta na súa páxina pero, en principio terías doado ir a Mos, o 28 de Agosto...

Ó Gon e ó Gordo Txon molaríalle montar unha megarromaría con cea, concerto con licor café e cremada de cidade a base de festa rachada... Ponte en contacto connosco... ¡¡¡ LICOOOOOOR CAAAFÉÉÉÉEÉÉÉÉ !!!