Blogia
O Gordo Txon

Cousas

Excelentes novas

Rapaces e rapazas, aínda que siga sen un can, estou moi ledo. As notas xa chegaron e foron bastante boas.
Xa teño a Sergio, Keko, Lore, Iñigo e Txus moi pero que moi próximos a ser titulados universitarios.
Os rapaces e rapazas de selectividade lucironse, porque amáis de matarse a adestrar, teñen unhas notas razoablemente boas, eu penso que estupendas. Parabéns para Antón, Antonio, Aaron, Anxo, Borja, Sergio, Dara, Belén e Antía especialmente por unha banda, e a Marta, Sabela,Miriam,Yaiza,Esther,Mariana... por outra. Aínda que non lle dea para xornalismo, estou especialmente ledo con Anxo, que subiu media. Moitos/as reclamaredes, agardo que bos dean a razón.
Por certo, o Toñito coma campión da Olímpiada de Química que é, vai representar a España nas olímpiadas Internacional(Taiwán) e Iberoamericana (Perú), durante este mes de xullo. Se queremos estar con el haberá que apurar estes días. Toda a sorte do mundo e lembra: por mal que saian as cousas, NADA de patadas nin cabezazos contra a parede ;P.
Parabéns especiais para "flacuchito" Pen, que asegúrase co aprobado unha vidorra de rajá-rastafari en Barna...
Nos máis cativos e cativas houbo de todo pero parece que haberá que afinar máis. Parabéns para Ubito, Reigo e Diego, Patri, Antía & Co.
Francamente orgulloso de todos vós. Agardo que Gon, Heroe,... sigan a darnos estas ledicias...
Ánimo, sorte e un bico: I Love You

Verbas de Gabo para Vivir Mellor

Verbas de Gabo para Vivir Mellor 1.- Quérote non por quen es, senon por quen son cando estou contigo.

2.- Ningunha persoa merece as tuas bágoas, e quen as mereza non te vai facer chorar.

3.- Só porque alguén non te ame como ti queres, non significa que non te ame con todo o seu ser.

4.- Un verdadeiro amigo é quen te colle da man e che toca o corazón.

5.- A peor forma de extranar a alguén é estar sentado ó seu carón e saber que nunca o poderás tener.

6.- Nunca deixes de sorrír, nin cando esteas triste, porque nunca sabes a quen pode namora-lo teu sorriso.

7.- Podes ser só unha persoa para o mundo, mais para unha persoa ti e-lo mundo.

8.- Non pase-lo tempo con quen non estea disposto a pasalo contigo.

9.- Cicais Deus quera que coñezas moita xente errada denantes de coñecer é persoa axeitada, para que, cando ó fin a coñezas, saibas estar agradecido.

10.- Non chores porque xa rematou, sorrí porque sucedeu.