Blogia
O Gordo Txon

Excelentes novas

Rapaces e rapazas, aínda que siga sen un can, estou moi ledo. As notas xa chegaron e foron bastante boas.
Xa teño a Sergio, Keko, Lore, Iñigo e Txus moi pero que moi próximos a ser titulados universitarios.
Os rapaces e rapazas de selectividade lucironse, porque amáis de matarse a adestrar, teñen unhas notas razoablemente boas, eu penso que estupendas. Parabéns para Antón, Antonio, Aaron, Anxo, Borja, Sergio, Dara, Belén e Antía especialmente por unha banda, e a Marta, Sabela,Miriam,Yaiza,Esther,Mariana... por outra. Aínda que non lle dea para xornalismo, estou especialmente ledo con Anxo, que subiu media. Moitos/as reclamaredes, agardo que bos dean a razón.
Por certo, o Toñito coma campión da Olímpiada de Química que é, vai representar a España nas olímpiadas Internacional(Taiwán) e Iberoamericana (Perú), durante este mes de xullo. Se queremos estar con el haberá que apurar estes días. Toda a sorte do mundo e lembra: por mal que saian as cousas, NADA de patadas nin cabezazos contra a parede ;P.
Parabéns especiais para "flacuchito" Pen, que asegúrase co aprobado unha vidorra de rajá-rastafari en Barna...
Nos máis cativos e cativas houbo de todo pero parece que haberá que afinar máis. Parabéns para Ubito, Reigo e Diego, Patri, Antía & Co.
Francamente orgulloso de todos vós. Agardo que Gon, Heroe,... sigan a darnos estas ledicias...
Ánimo, sorte e un bico: I Love You

0 comentarios