Blogia
O Gordo Txon

Gon e Javi fanme sentir coma El Rei

Gon e Javi fanme sentir coma El Rei Síntome coma El Rei na Mensaxe de Nadal: síntome enchido de "orgullo e satisfacción"... E iso que son case republicano... :D

Estou feliz e orgulloso dos meus. O curso rematou e os resultados son bos, ou alomenos van mellorando... Moit@s gañáronse a pulso unhas moi felices feiras e outr@s, por andar a medias, terán que empalma-lo verán co curso, aínda que hai tempo para todo...

Estou especialmente feliz e orgulloso por dous das miñas máis queridas alfaias: o Javi e o Gon. Os meus máis sentidos PARABÉNS. Volto dicir que foron auténtico modelo para todos este ano. Responsables, ledos e... premiados. Ámbolos dous sacaron con éxito o Bacharelato e aprobaron, sobradamente, selectividade.

Agora sei que estarán raiados, pese o doce deste momento, con qué facer e que será deles no futuro... Estou certo que van ser xente que triunfarán no que queiran. A xente que amosa a calidade humana que eles amostraron, a intelixencia e sentido común, a sua capacidade de traballo e sacrificio aseguran que nada lles está vetado. Tede a fe en min que mantivestes esta temporada e crede o que vos digo.

A Vida é o camiño. O pracer da vida é vivir, o disfrutar da paisaxe e non chegar a ningures, se acaso, a un mesmo. Non hai erro que non se poida cometer, todos teñen volta. En calqueira caso, de todo se aprende e disfruta... Dígovolo eu, canso xa de errar... Estou certo que cometín unha morea de erros, algún ata grave, pero aínda errado teño sido moi feliz. Se nalgún intre non voltei atrás é porque é máis doado laiarse que dar marcha atrás. Ademáis, volto dicir que ata errado pódese ser feliz...

Non vos aburro máis: ás veces non paro de falar. Agardo seguir disfrutando da compaña de tod@s... Especialmente da de Gon e Javi, persoas as que realmente valoro, e que por deixar, en principio, de xogar no clube teñen unha posibilidade maior de perderen contacto...

Parabéns a tod@s. Felices feriados. Ánimo e sorte. Unha aperta

1 comentario

Raquel -

Prelistada en el directorio de Bitacoras.com

Puedes añadir una descripción haciendo click en "Añadir bitácora".

Gracias