Blogia
O Gordo Txon

Citas do Verán

Citas do Verán O verán non está exento de cousas interesantes para @s amantes freaks do baloncesto. Á marxe das Olímpiadas, cursos de adestradores, campus, partidos da WNBA,... por estes lares disfrutaremos de dous importantes eventos:

- O Torneo Junior de Valença do Minho (Portugal)
- O Clínic para Adestradores Xacobeo 2004 en Santiago de Compostela.

Torneo Junior de Valença

Entre o 9 e o 11 de Xullo, celebrarase o III Torneio Internacional de Juniores en Valença do Minho (Portugal). Participaran 6 equipos portugueses, máis a selección portuguesa cadete e un equipo norteamericano (Connectycut Northstars). Maristas estaba convidado mais tivo que rexeita-lo convite...

Os partidos escomenzan ás 9h ata as 19h o día 9, de 9h a 23,45h o 10 e de 10,30 a 18h o domingo 11. A Gran Final será o domingo 11 ás 16,30h. Estamos a falar sempre de hora portuguesa, -1h. Os partidos xogaranse no "Pavilhao Gimnodesportivo de Valença"...

Clínic Internacional Xacobeo 2004

O grande clínic para adestradores/as da AEEB celebrarase en Santiago de Compostela entre os días 8 e 11 de Xullo, no pavillón do Instituto Rosalía. O director do clínic, Pepe Casal, tivo moito tino na selección de ponentes e temas:

AITO GARCIA RENESES
- Defensa dos bloquexos directos.
- Xogo no poste baixo.
DUSKO IVANOVIC
- Ataque contra zona.
- Conceptos defensivos básicos.
ETTORE MESSINA
- Defensa Individual. Bloquexos indirectos
- Ataque cun quinteto alto.
SERGIO SCARIOLO
- Zona 2-3.
- Ataque con 4 abertos.

Agás o domingo 11, que o clínic é de 10 a 12,30, o resto dos días o horario é de 17 a 20h.
O clínic custa 120€ pero becan ós 150 primeiros inscritos da nosa comunidade.

A ver se nos vemos por alá... Agardo que haxa representación do Clube... Unha aperta

0 comentarios