Blogia
O Gordo Txon

Ubito

Ubito E estrenarei esta galería con alguén que hai un ano non creería que aparecese vencellada ó meu nome agás nun acta de baloncesto...
Pois si: de apenas ser unha molestiña a ser unha persoa importante na miña vida. O mundo é moi estrano.
Bo tío, excepcional. Lémbrame ó Pen, quen tamén terá un lar destacado nesta galería. Desta xente de arrolladora sinxeleza, legal,... dos que "te tocan a man e te chegan ó corazón".
É xenial un pavo que realmente cre que eres bo na sua vida, que te concede mérito en que el mesmo se destape coma unha excelente persoa, coma alguén que dalgún xeito, e sen moita confianza, vai ser quen de vivi-la sua propia vida e moldear á sua moda o seu destino.
Ten un mérito enorme, aínda que só sexa por ser quen de mandar a tomar polo cú unha dúcia de prexuízos, e un par de pantasmas meus... E case sen inmutarse...
Ademáis diso é quen de da-las gracias por aturarme, polos meus consellos [a min parécenme boísimos, pero tal vez a vida sexa outra cousa], de quererme,de crer que son "excepcional" por querelo... e de facerme sentir "so fucking special" sendo un "creep"...
El non crerá o que estou a escribir. Penso que non se valora ben: é patoloxicamente inseguro. Pero escomenza a experimentar certezas, e escomenza a saberse querido, que non vai estar só,... (Tranqui, que non vas estar máis só)
En definitiva, que te quero Ubito, que é un pracer e que... Ánimo e sorte.
Un bico

PD: " Y tiene tantas dudas (...) y como te podría yo explicar, que la pena dura tanto como quieras tu seguir llorando..."

2 comentarios

Txichón -

Xa está ben de lamberno-las pollas, coma diría o Sr. Lobo.
Es excepcional: hai en cousas que non me equivoco...
Un bico especial ó primeiro galeriado...

Ubito -

Gracias, paréceme excepcional a confianza que me das cando estou ó teu lado. Non son tan bo como dis, levo aínda unha parte do neno problemático. Espero que estemos sempre xuntos, un bico